
O Executivo de Paula Alvarellos, a través da concellería de Xuventude e Deporte que dirixe Jorge Bustos, presentou esta mañá a actividade Basket na rúa.

Os campos municipais José María Rodríguez Lago, situados en As Gándaras, acollerán o vindeiro luns 25 e martes 26 de marzo o IV Torneo Semana Santa “Trofeo Lugo Express”, organizado pola ADC Sagrado Corazón, co apoio do Concello.

O Executivo de Paula Alvarellos, a través das área de Cohesión Territorial e Trasición Ecolóxica, destina 591.796 euros a ampliar a rede municipal de augas e ao acondicionamento de varias vías na zona rural.

O barrio de San Fiz acollerá este domingo, 24 de marzo, a terceira proba do XX Circuíto Larsa Corre con Nós.

O Executivo de Paula Alvarellos aprobará na Xunta de Goberno Local desta semana a listaxe provisional de adxudicatarios dos Hortos Urbanos dos Paxariños, logo de que a área de Transición Ecolóxica avaliase as instancias presentadas.

A concellería de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, porá en marcha a mediados de mes un curso teórico-práctico homologado de socorrismo, totalmente de balde para a mocidade lucense, enmarcado no programa +XTi, cofinanciado polo Ministerio de Sanidade, a través do Plan Nacional sobre Droga


Máis de 400 xogadores de toda España participarán esta fin de semana en Lugo no II Campionato Nacional de Mus por equipos.
O Concello de Lugo está a realizar un seguimento continuo do nivel do río Miño ao seu paso polo municipio.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, reuniuse este venres na Casa Consistorial co piloto lucense Jorge Prado, na xornada previa á disputa do Campionato Nacional de Motocrós que se celebrará mañá, sábado, no circuíto municipal de Teixeiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »