O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude, e a Deputación de Lugo organizan unha excursión incluída dentro do programa Km0 Xtreme.
Esta viaxe, que terá lugar o 14 de xullo, está concibida para mozos e mozas lucenses de entre 14 e 30 anos.

O Arde Lucus 2010 rematou cun balance moi positivo tanto no que se refire a afluencia de visitantes como de participación dos lucenses na celebración, a pesar da treboada que se produciu na cidade o venres, segundo destacaron en rolda de prensa o Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo.
O Concello mantén a pleno rendemento o operativo que traballa na limpeza e arranxo dos desperfectos que ocasionou na cidade a intensa tormenta que caeu onte.
O equipo de Goberno e os servizos municipais seguen traballando para resolver os problemas ocasionados pola treboada.
O equipo de Goberno do Concello de Lugo actuou de xeito inmediato ante a tormenta que esta tarde caeu sobre a cidade.
Tanto o Alcalde, José López Orozco, como os concelleiros do Goberno local actuaron de xeito inmediato e coordinaron un dispositivo que mobilizou os servizos de Protección Civil, Bombeiros e Policía Local para facerlle fronte a unha tormenta de gran intensidade que en quince minutos deixou numerosos desperfectos na cidade.

A marca Lugo10 abre o concurso para conseguir unha botella da edición especial de Coca-Cola con motivo do Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.
A través da páxina web de Lugo10 en Facebook, e con motivo das festas de Arde Lucus, ábrese a participación nesta iniciativa.
A Concellería de Xuventude do Concello de Lugo elixiu, onte domingo día 20 de xuño, aos gañadores dos concursos de escaparates, de locais e de personaxes romanos e castrexos (individual e de grupo) do Arde Lucus MMX.
Os premios entregados foron os seguintes:
- Decoración de escaparates : primeiro premio de 300 euros, segundo de 200 e terceiro de 100.
- Decoración de locais: primeiro premio de 300 euros, segundo de 200 e terceiro de 100.
O primeiro dos tres concertos programados por Lugo10 da Big Band Murajazz tivo un importante éxito de público e foi recollido nas redes sociais.
O primeiro dos tres concertos desta big band tivo lugar a pasada noite na praza Maior, diante da casa do Concello, onde se congregou numeroso público que disfrutou da música interpretada pola banda.
Os Museos do Concello de Lugo serán gratuítos a vindeira semana con motivo da festa do Arde Lucus.
Entre o 21 e o 27 de xuño todos os que o desexen poderán entrar de balde na Casa dos Mosaicos, na Sala de Exposicións Porta Miñá, no Centro de Interpretación da Muralla, e no Centro Arqueolóxico de San Roque .

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentaron no Salón de Plenos o libro Guía Poética da Muralla de Lugo que inaugura unha nova colección editada polo Concello Poetas en Lugo 10. Neste acto participaron tamén o autor da obra, Xosé Otero Canto, e o prologuista, Xosé Luís Novo Cazón.
As XI Xornadas de Artes Escénicas 2010 organizadas polo Concello de Lugo, o colexio Fingoi e a Escola de Arte e Lecer rematan mañá, mércores 16 de xuño, coa actuación da Aula de Teatro da Escola de Arte e Lecer ás 21.00 horas na Praza de Santa María. A última representación deste ciclo teatral será a obra Algo huele a podrido en Dinamarca.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 419
- 420
- 421
- 422
- 423
- 424
- 425
- 426
- 427
- …
- seguinte ›
- última »