
A Xunta de Goberno aprobou este mércores a adxudicación de obras de rexeneración de pistas e estradas no rural por valor de preto de 300.000 euros.

O Concello de Lugo arrancou este mércores as viaxes á praia subvencionadas. Trátase de excursións, que terán lugar nos meses de xullo e agosto, dirixidas a toda a poboación, en especial ás familias, que ofrecen unha alternativa cultural e de lecer nos meses de verán.

O xurado do XV Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo fallou este domingo os premios, que recaeron en Manuel Jiménez, Manuel Ángel Serantes e Piedad Santamaría.

Unha vez que o cemiterio municipal de San Froilán foi seleccionado como finalista da primeira fase do Concurso de Cemiterios de España, na modalidade de mellor monumento arquitectónico funerario, mañá venres ábrese a segunda fase, unha votación popular para que sexa a cidadanía a que elixa o gaña
A rexedora subliña a aposta do Goberno Local polo turismo cultural e por situar a Lugo como porta de entrada a Galicia do Camiño Primitivo de Santiago

O Concello de Lugo ofrece un verán cheo de actividades culturais, deportivas e de lecer medioambiental, segundo informou este xoves a concelleira Carmen Basadre. A programación, dirixida a todos os públicos, arrancou esta mesma semana e desenvolveranse ata finais de setembro.
A vindeira semana remata o prazo de inscrición para 4 dos cursos de verán +Xti, organizados pola Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua. Os interesados aínda se poden apuntar achegándose á Casa da Xuventude e a través do teléfono de atención cidadá 010.
Máis de 1.800 persoas se acolleron aos descontos que ofreceu Renfe nas súas viaxes para gozar do Arde Lvcvs, unha rebaixa dun 30% no importe total do traxecto.

A 14ª edición do Arde Lvcvs “cumpriu cos obxectivos marcados”, pois concentrou unhas 600.000 persoas na cidade durante toda a fin de semana e supuxo “unha repercusión económica moi importante para cidade”, que segundo as estimacións do Concello se sitúa nos 6 millóns de euros, “se calculamos un

A escultura en ferro dun soldado romano elaborada durante os días da celebración do Arde Lvcvs no campamento dos artesáns, instalado na Praza da Constitución, xa loce na ponte romana da cidade, onde foi instalada na mañá deste luns por operarios municipais
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 321
- 322
- 323
- 324
- 325
- 326
- 327
- 328
- 329
- …
- seguinte ›
- última »