
Boas tardes, nenas e nenos, señoras e señores, amigas e amigos:
O Concello de Lugo está a ultimar os detalles da tradicional cabalgata de Reis, que partirá este martes, ás 18:00 horas, do Parque da Milagrosa.
Medio milleiro de cativos e cativas gozaron da maxia do Nadal cos obradoiros gratuítos organizados polo Concello dende o pasado 19 de decembro na carpa situada na praza Anxo Fernández Gómez e no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua impulsou o primeiro encontro Pazificar, un acto intercultural de convivencia celebrado este martes no Salón de Plenos no que os colectivos de inmigrantes da cidade fortaleceron lazos de unión e comunicación entre si e co

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, fixo entrega este martes no Salón de Plenos dos premios do XXII Certame de debuxo Educar para previr.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron este venres os postos do mercado solidario Diversiarte instalados na Praza Anxo Fernández Gómez.
O Concello de Lugo abriu este venres o prazo de solicitude de dúas liñas de subvencións para as asociacións culturais e para as que desenvolven o seu traballo no eido da xuventude, ás que destina 34.500 euros.
A décimo quinta edición da feira de artesanía Artenadal, organizada pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua dentro da programación de Nadal 2015-2016, abrirá mañá sábado, ás 17:00 horas, as súas portas na Praza Anxo Fernández Gómez, onde permanecerá ata o vi

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) estreou este xoves a exposición Nadal de Cristal, organizada polo Concello de Lugo no marco da programación do Nadal 2015-2016.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron este xoves as actividades instaladas na Praza Horta do Seminario programadas polo Concello para o Nadal 2015-2016.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 307
- 308
- 309
- 310
- 311
- 312
- 313
- 314
- 315
- …
- seguinte ›
- última »