
O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, recibiron esta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial ao alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe de Nadela, recoñecido co Premio do Xurado na VIII edición do certam

O Concello de Lugo presentou esta mañá, no Auditorio Fuxan os Ventos, os concertos especiais que a histórica formación galega ofrecerá os días 5 de xuño ás 20.30 horas e o 8 de xuño ás 20.00 horas, nun espazo que simboliza a fonda pegada cultural do grupo na cidade.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou que se dirixirá aos gobernos da Xunta e do Estado para garantir o correcto mantemento da sinalización turística nas estradas que comunican Lugo co resto da Galiza.
O Concello de Lugo vén de constatar a existencia de novos restos arqueolóxicos na rúa Montevideo, á altura da súa confluencia coa rúa Nova, durante os traballos de peonalización que se executan no marco do proxecto ‘Lugo Corazón Verde’.

O Executivo de Miguel Fernández vén de adxudicar a xestión da aceleradora TurisTalent 5.0 á empresa Dos Espacios Internet Consulting SL por un importe de 134.704,77 euros.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o Vello Cárcere acollerá o IV Festival de Poesía das Lupercais, "unha das iniciativas máis relevantes do panorama poético lucense na actualidade", afirmou.

A cidade de Lugo sumouse hoxe á celebración do 25 de abril, Día da Revolución dos Cravos, cun canto popular aberto do Grândola, Vila Morena, dirixida por Bruno Villamor e Fernando Gómez Jácome, referentes no ámbito coral da cidade.

As concelleiras Cristina López e Iria Buide asistiron ao Concurso Coreográfico 2025, organizado polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo no Auditorio Municipal Fuxan os Ventos.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, guiou no Vello Cárcere de Lugo o acto de presentación do poemario 'Maldita eternidade', obra de Manuel Vázquez e gañadora do VI Premio Eduardo Pondal.

A concelleira Iria Buide e a deputada Iria Castro inauguraron dende a Facultade de Humanidades da USC o curso de primavera 'A voltas coa tradición', que se desenvolverá os días 24 e 26 de abril no Campus Universitario e no centro da cidade de Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »