
A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, xunto con Pomba Luxilde, de Palimoco Teatro, presentaron en rolda de prensa as actividades que se realizarán no Cemiterio co gallo da festividade de Santos.

Ao redor do 90% da mocidade de entre 14 e 16 anos ten acceso a entre 2 e 5 dispositivos dixitais, o 86% recoñece un uso moi habitual do móbil e o 21% da rapazada entre 14 e 25 anos sofre xa dalgún transtorno de comportamento por adicción ás novas tecnoloxías.

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou no día de hoxe as actividades culturais deste Samaín. Baixo o nome #SAMAÍNeANDO, un total de 6 actividades para distintos públicos terán lugar entre o 28 de outubro e o 2 de novembro.

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu a cinco poetas, procedentes de distintos países, que están a desenvolver a primeira residencia literaria itinerante Uxío Novoneyra para actualizar a temática xacobea.

Dende a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua continúase a traballar para recuperar a normalidade na Banda Municipal.
A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza, xunto coa Sociedade Micolóxica Lucense, unha xuntanza micolóxica no patio do Vello Cárcere. A actividade permitirá á veciñanza achegarse ao mundo dos fungos, e consistirá nunha explicación das especies atopadas na contorna de Lugo.

Conta a lenda que a noite do 31 de outubro despídese o verán, dando paso ao inverno… unha porta que as ánimas dos defuntos aproveitaban para regresar ao mundo dos vivos e visitar ás súas familias.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina lembrou que continúan as actividades teatrais E logo ti...

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou na rolda de prensa da Xunta de Goberno de hoxe que a área de Cultura está a traballar nun novo proceso para a selección dunha nova dirección para a Banda Municipal de Música.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, a 41 edición da Semana Internacional de Cine de Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- 192
- …
- seguinte ›
- última »