
O Cemiterio Municipal continúa a acoller actividades coas que, dende a área de Participación e Servizos para a Veciñanza, se pretende, segundo indicou Cristina López, “poñer en valor o patrimonio funerario e mostrar a cara máis cálida e emocional do noso Cemiterio”.

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, iniciou, na Casa das Linguas, unha serie de visitas ás instalacións municipais dependentes da súa área.
Felipe Rivas, edil de Educación e Difusión do Coñecemento anunciou a posta en marcha do XXV Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo, no que poderán participar todas as rapazas e rapaces de 12 a 18 anos dos centros de ensino de Lugo.

Con motivo do día de Santa Icía, patroa da Música, a Escola de Música ofreceu un concerto no Vello Cárcere, no que as catro agrupacións que compartiron escenario amosaron a calidade das músicas e músicos da Escola.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, acudiron hoxe á Praza de Abastos onde convidaron a ás praceiras e praceiros ao acto de acendido da iluminación de Nadal da Praza de Abastos.
O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que nos vindeiros días comezarán os traballos para a desmontaxe do busto de Xoán Montes e o seu posterior traslado á praza Maior.

O programa de animación á lectura e contacontos da Biblioteca Municipal Isidro Novo remata o vindeiro mércores, 20 de novembro, despois de 6 espectáculos para nenas e nenos de distintas idades.

A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, lembrou que o Cemiterio Municipal continúa a ter actividades pola festividade de Santos.
Con motivo do día de Santa Icía, patroa da Música, a Escola Municipal de Música organiza o vindeiro xoves 21 o seu Concerto de Santa Icía, que comezará ás 20h no auditorio do Vello Cárcere.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou no día de hoxe a convocatoria do XXI Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”. Nesta edición, o premio volverá ser de 4.000€, ademais de que a obra gañadora será publicada por Edicións Xerais de Galiza.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- …
- seguinte ›
- última »