
A área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, abre mañá sábado, 26 de setembro, a inscrición para a actividade de Gymkana do motor, enmarcada na programación do +Xti, organizada polo Concello e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acordou coa Asociación de Hostaleiros de Lugo, nunha reunión que mantivo co seu presidente, Cheché Real, atender á demanda do sector para instalar nas rúas da cidade caldeiros de polbo durante o vindeiro mes de outubro con motivo das festas do San Froilán.

A Comisión de Festas reuniuse no día de hoxe para facer seguimento da organización da semana de actividades culturais do San Froilán, que terán lugar entre o 4 e o 12 de outubro.

O Arde Lvcvs Clvtvral, a programación de actividades de inspiración romana e castrexa organizada polo Concello xunto ás asociacións de recreación histórica de Lugo, ofrece esta semana unha andaina cultural e sostible polo Camiño Primitivo, así como un paseo pola Muralla.

O ciclo de masterclass online de nutrición, que puxo en marcha Xuventude, afondará mañá en cómo debe ser unha cea saudable, tras tratar os almorzos saudables a pasada semana.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades que conforman a nova edición da programación de animación á lectura e contacontos.

A concelleira de Xuventude, Ana González Abelleira, anunciou hoxe, o inicio do Arde Lvcvs Cvltvral, que dará comezo o 19 de setembro para acoller dende o mes de setembro ata decembro actividades de inspiración romana e castrexa que animarán á cidade ata o inicio da 20 edición de Arde Lvcvs.

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou que a vindeira semana se reunirá a Comisión de Festas, na que están representados todos os grupos da Corporación Municipal, para, “segundo cal sexa a situación sanitaria no momento, avanzar na continuación das actividades

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, o Vicepresidente Primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e a directora executiva de Experiencias del Destino, María Crespo Castro, inauguraron o I Congreso Nacional de Turismo Experiencial.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, e o delegado de Patrimonio histórico-artístico e director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo, César Carnero, mantiveron un encontro este martes co artista Carlos Rodríguez Fernández, que desenvol
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 155
- 156
- 157
- 158
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- …
- seguinte ›
- última »