
O executivo de Lara Méndez investirá 202.248 euros na humanización do Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX no barrio do Carme.
A Xunta de Goberno Local adxudicará mañá os traballos á empresa Ovisa Pavimentos y Obras que disporá dun prazo de dous meses para concluílos.

O Arde Lvcvs Cvltvral, que organiza o Concello xunto ás asociacións de recreación histórica de Lugo, achegan novas actividades, neste caso, serán telemáticas. Emitiranse todos os martes restantes do mes de decembro, nas redes sociais oficias do Arde Lucus, ás 12:30 horas, dende o día 15.

A concelleira da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou “Atopémonos danzando. Xornadas de danza en Lugo”.

A concelleira da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou un avance das actividades que se desenvolverán este Nadal na cidade.

Hoxe inaugurouse na Sala de exposicións temporais do MIHL, a exposición Combate Mural. “Muller, Igualdade e Empoderamento”. Esta exposición, nace da expectación xerada polos traballos realizados ao longo do I Combate Mural dentro dos actos do Festival Culturbán.

A Casa da Música reabre hoxe as súas portas, logo do parón propiciado pola pandemia.
A área de Xuventude pon, de novo, a disposición das e dos lucenses, estas instalacións municipais nas que levan a cabo os seus ensaios ao redor de medio cento agrupacións locais.

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza no MIHL inaugura este xoves ás 19 horas unha exposición baseada na arte urbana baseada no festival Culturban.

A Concellería de Benestar Social, que dirixe Olga López, xunto á Federación de Asociacións do ámbito social de Lugo (FADAS) abriron hoxe o prazo para inscribirse no concurso de graffiti, que convocan as dúas entidades, para a realización dun mural que visibilice o Lugo social.

A área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, inicia esta semana, as clases en aberto de cociña universitaria.

A concelleira da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a programación do vindeiro 2021 para o Vello Cárcere.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- …
- seguinte ›
- última »