O Concello de Lugo lembra que hoxe é o derradeiro día de exposición ao público do censo electoral, co obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados no noso concello poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, no caso de erro, poidan facer as reclamacións oportunas

O Alcalde, José López Orozco, reuniuse hoxe con responsables da Rede Galega contra a Pobreza, entidade que agrupa a 126 asociacións que traballan en Galicia contra a exclusión social.
O Concello de Lugo dispón dun novo portal web, www.lugo.gal, que entrou en servizo logo de varios meses de traballo que se centraron no redeseño completo da web municipal para facela máis accesible e conseguir que o seu mantemento resulte máis económico.

Lara Méndez destacou que con este novo espazo, que multiplica por 14 a superficie da que dispón hoxe, “a Protectora cumpre cunha das súas grandes aspiracións”, pois as actuais dependencias, de 3.000m2 e creadas hai 33 anos, están obsoletas e quédanse pequenas para acoller aos arredor de 400 anima

O Alcalde, José López Orozco, acompañado polos Concelleiros de Economía, Sonia Méndez, e de Servizos Xerais, Manuel Núñez, visitou hoxe as obras de rehabilitación do espazo do Calexón do Hospital e o Carril do Son.

Este acto, que se inscribe na programación cultural que organiza a Concellería de Servizos Xerais no Cemiterio, consistiu nun concerto ofrecido pola Banda municipal ó que asistiron como convidados especiais alumnos do CEIP Menéndez y Pelayo.

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Manuel Núñez, comeza coa chegada do bo tempo unha nova xeira de actividades culturais no Cemiterio de San Froilán.

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Servizos Xerais, Manuel Núñez, visitaron esta mañá aos nenos e nenas do colexio Rosalía de Castro que participaron esta mañá nunha nova edición do programa Almorzos Saudables que organiza o Concello de Lugo.

A Concelleira de Desenvolvemento Local, Rosana Rielo, anunciou que a partir do 18 de febreiro comeza a primeira fase dos Orzamentos Participativos na que os cidadáns de Lugo poderán facer propostas para levar a cabo na cidade.
A Concellería de Economía, que dirixe Sonia Méndez, informa de que o Mercado de Quiroga Ballesteros incorporará en breve novas melloras que o Concello decidiu levar a cabo con motivo da importante modernización experimentada por estas instalacións municipais grazas ó proxecto de reforma que desen
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- …
- seguinte ›
- última »