
O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, fixo entrega este xoves dun obsequio á gañadora do concurso Sabes como mellorar o noso entorno?, María José Rodríguez García, un certame enmarcado dentro do servizo de Liña Verde que ofrece o Concello de Lugo.

O Concello acometeu este xoves os traballos para retirar do Miño á altura da ETAP troncos e árbores que obstaculizaban o azud que regula o caudal necesario para o abastecemento de auga da cidade.
No primeiro semestre do ano 2015, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) atendeu un total de 203 reclamacións, 18 menos que o mesmo período do ano anterior. Esta oficina resolve o 84,5% das reclamacións presentadas, grazas ao seu papel mediador entre o consumidor e a empresa.

Un milleiro de persoas solicitou a Tarxeta Cidadá do Concello no primeiro semestre do ano 2015. Trátase dun dispositivo intelixente multiservizo, que lle permite aos usuarios identificarse e facer uso dos servizos municipais dun modo máis rápido e sinxelo.
Lugo lidera as votacións populares do concurso para elixir o mellor monumento arquitectónico funerario de España, un certame organizado pola revista Adiós Cultural, financiada e editada por Funespaña, que ten como obxectivos a potenciación de actividades culturais en torno aos cemiterios, a posta
Preto de 27.000 persoas contactaron co Servizo de Información 010 do Concello de Lugo no primeiro semestre do ano. Esta plataforma de atención á cidadanía recibiu máis de 25.560 chamadas e preto de 1.500 correos electrónicos nos primeiros seis meses do que vai de ano.
Máis de 13.000 persoas acudiron á piscina climatizada e ás piscinas exteriores de Frigsa durante o mes de xullo. A piscina climatizada rexistrou máis de 5.900 usuarios, mentras que a descuberta, máis de 7.200.

A Policía Local coordinou e levou a cabo a primeira hora deste xoves o precintado dos 63 parquímetros do servizo público de regulación de aparcamentos, a ORA, existentes na cidade, uns traballos que concluíron sobre as 11.30 horas.
O edil de Concello e Cidadanía, Juan Carlos González Santín, delegación que engloba a área de sanidade, subliñou este venres que as declaracións da Conselleira Rocío Mosquera, nas que afirmou que o actual sistema sanitario é imposible de asumir debido á falta de alfabetización en saúde dos cidadá
O Concello de Lugo mantén aberto o prazo de presentación de ofertas para instalar casetas e caldeiros do polbo durante as Festas do San Froilán. Os interesados poden presentar as súas propostas, ben na Oficina de Rexistro do Concello ou por correo postal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- …
- seguinte ›
- última »