A Escola Municipal Infantil “Serra de Outes” cumpre unha década ao servizo dos lucenses desde a súa apertura no curso 1996-1997. Ao longo destes dez anos, preto de 400 nenos iniciaron a súa formación educativa neste centro. A escola arrincou a súa andanza cun coordinador, tres técnicos en puericultura e dous auxiliares de cociña e contaba con tres aulas cunha capacidade para 41 rapaces.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias presenta esta tarde ao público o programa San Ocio, unha nova campaña coa que se pretende loitar contra a drogodicción mediante o uso do deporte e do ocio en xeral.
A actividade de “San Ocio” está programada para desenvolverse en catro puntos da cidade, específicamente nas zonas da Piringalla (IES Pirinagalla), en Lamas de Prado (IES Leiras Pulpeiro), no Sagrado Corazón (CEIP Sagrado Corazón) e na zona de San Lázaro (CEIP A Ponte).
Seis representacións de teatro terán lugar no que queda de semana dento da oitava edición das Xornadas de Artes Escénicas, organizas pola colaboración da Concellería de Muller e Benestar Social, a Escola de Arte e Lecer, o Colexio Fingoi e Palimoco Teatro.
Esta mostra foi creada para incentivar o teatro nos centros educativos, como un lugar de práctica e de ensino.
La revista virtual de género Foeminas acaba de publicar su número 17.
As actividades de verán organizadas polo Concello de Lugo continúan no mes de agosto con novos cursos que se celebrarán nos centros sociais municipais e nas instalacións deportivas.
A piscina municipal de As Pedreiras acollerá nos meses de agosto e setembro os Cursos Intensivos de Natación para nenos de entre 3 e 9 anos. Os cursos abarcan distintos niveis de aprendizaxe e ofertan 102 prazas.
O Concello de Lugo celebrará o día 28 de abril unha charla e obradoiro práctico co título “O Tai Chi Chuan, a respiración e os seus beneficios”. Esta actividade englóbase dentro do programa de animación sociocultural dos Centros Sociais e é gratuíta e aberta a toda a poboación.
Tanto a charla como o obradoiro práctico serán impartidos por José A.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodendencias celebrará nos meses de xuño e xullo un curso de baile de salón subvencionado polo Plan Nacional de Drogas dentro do programa +xtí.
O prazo de inscrición remata mañá, martes, e haberá un máximo de 20 parellas con idades comprendidas entre os 18 e os 45 anos. A inscrición pode realizarse nas oficinas do Servizo de Prevención das Drogodependencias entre as nove a a unha e media.
O curso celebrarase entre o 1 de xuño e o 20 de xullo en horario de nove a once os venres e os sábados de oito a once.
A Concellería de Muller e Servizos Sociais organizou unha nova excursión ao conxunto medioambiental de Marcelle Natureza para nenos e nenas de etnia xitana.
A saída tivo lugar ás 9:30 horas e rematou as 13:30 horas. Na excursión foron acompañados por monitores especializados que lles amosaron de preto a fauna exótica.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presidiu esta mañá o acto de clausura das I Xornadas Lucenses de prevención de Drogodependencias, que se celebraron no Centro Social Uxío Novoneyra.
A edil destacou a importancia de desenvolver actividades como estas “nas que se abordan con rigurosidade as distintas facetas deste grave problema que afecta á sociedade”. Por outro lado, estas xornadas “resultaron moi útiles para actualizar o programa de actuacións do Servizo Municipal de Drogodependencias” añadiu a Concelleira.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais acudiu esta mañá a supervisar o envío do material donado polo Concello e outras empresas da capital, como Arenal, para a escola de Louga. Esta é a segunda ocasión na que o Concello colabora neste proxecto de cooperación con este poboado senegalés promovido por Manuel Méndez.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 396
- 397
- 398
- 399
- 400
- 401
- 402
- 403
- 404
- …
- seguinte ›
- última »