O Concello de Lugo e a asociación Gremium MG organizan unha campaña de recollida de xoguetes con destino a nenos con poucos recursos económicos. A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, e o representante do motoclub, Raúl Rocha, presentaron esta acción solidaria na que esperan a colaboración de todos os lucenses.
A Campaña de Xoguetes pretende concienciar e sensibilizar á poboación nestas fechas previas ó nadal ante a situación de desigualdade social existente.
Con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, leu un manifesto na inauguración do Mercadillo Solidario que se instalará no fondo da Praza Maior e permanecerá aberto os días 3, 4 e 5 de decembro, entre as 12:00 e as 14:00 horas pola mañá, e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde.
O mercadillo forma parte das actividades organizadas polo Concello de Lugo e 19 asociacións da cidade para chamar a atención sobre a necesidade de garantir a consecución dos dereitos cidadáns en igualdade e superar as barreiras
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, inaugurou a exposición Achégate!. Trátase dunha mostra organizada pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior en colaboración co Concello de Lugo, en conmemoración do Día dos Dereitos Humanos que se celebra o 10 de decembro.
A exposición consiste nunha carpa con catro jaimas onde a cidadanía poderá descobrer o mundo da cooperación galega.
Esta fin de semana celebraranse os actos que o Concello de Lugo e o Comité Cidadán Antisida organizan para conmemorar o Día Mundial contra a Sida.
O Concello de Lugo organiza varias actividades informativas para mozos que se centrarán na promoción do uso do preservativo como arma eficaz para previr o contaxio e a transmisión do VIH e doutras enfermidades de transmisión sexual.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou xunto ás representantes de asociacións de persoas con discapacidade da cidade o programa deseñado polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra o vindeiro 3 de decembro en todo o mundo.
Na presentación acompañaron a edil Blanca Roibás, de Aspnais, Mónica Álvarez, de Cogami, Ángeles Fernández Mayra, de Anade, e Delia Lorenzo, de Alcer, en representación das dezanove asociacións que colaboraron co Concello de Lugo para organizar estes actos conmemorativos.
Nos últimos anos a sociedade pasou dunha situación aparentemente mono-cultural a unha sociedade multicultural, polo que xurde a necesidade de novas figuras profesionais que se encarguen da mediación.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Camen Basadre, participou en Santiago de Compostela nas IV Xornadas de cooperación. O compromiso global do mundo local.
Estas xornadas, organizadas polo Fondo Galego de Cooperación, dentro do que se encontra dende hai cinco anos o Concello de Lugo, convírtense cada ano no punto de encontro dos actores galegos que traballan na cooperación e no desenvolvemento.
A Concelleira participou, con outras expertas e expertos nacionais e internacionais, neste foro para o intercambio de experiencias.
A revista virtual Foeminas, promovida pola Concellería de Muller e Benestar Social, cumpre dous anos de investigación, debate e intercambio na rede e por este motivo presenta un número de aniversario moi especial dedicado aos máis de 85.000 lectores que a seguen en todo o mundo.
Foeminas acadou un total de 86.391 persoas ao longo destes dous anos e xa se convertiu nun referente a nivel mundial das revistas virtuais de contido feminista, pois a orixe dos seus lectores abarca puntos xeográficos de todos os continentes.
De orixe español son 48.925 das visitas recibidas, seguidas das
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou xunto á Presidenta do Comité Antisida de Lugo, Marisa Sánchez, os actos que se celebrarán na cidade para conmemorar o Día Mundial contra a Sida.
O Concello de Lugo organiza varias actividades informativas para mozos que se centrarán na promoción do uso do preservativo como arma eficaz para previr o contaxio e a transmisión do VIH e doutras enfermidades de transmisión sexual.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre presentaron o proxecto europeo Senior Tics.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 386
- 387
- 388
- 389
- 390
- 391
- 392
- 393
- 394
- …
- seguinte ›
- última »