A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e a representante da Asociación Lucense pro Lactancia Materna Bico de Leite, Rosana López , presentaron hoxe as actividades da Semana Mundial da Lactación Materna que este ano terá como lema “Apoio á nai: construindo o éxito” e terá lugar a primeira semana de outubro.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe unha serie de novas iniciativas do Servizo Municipal de Drogodependencias que depende da súa Concellería.
Por unha banda, a Concelleira presentou as axendas preventivas para pais e nais do curso 2008-2009 incluída dentro do programa de prevención familiar “Entre Lusco e Fusco” que serán entregado a todos os pais con fillos escolarizados entre 3º e 6º de Primaria nos 24 centros escolares de Lugo dende hoxe ata o venres 26 de setembro.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo retoma, despois dos meses de verán, o proxecto Creative. Trátase dun programa de prevención de drogas e minimización de riscos. A súa poboación obxectiva é a mocidade comprendida entre os 14 e os 24 anos.
Máis de 28.000 persoas participaron este verán nas actividades organizadas polo Concello de Lugo como unha oferta para o tempo de lecer, segundo anunciaron hoxe a Concelleira de Muller, Benestar Social e Xuventude, Carmen Basadre, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e representantes de Auxilia, Cogami, a Fundación ONCE e o IMSERSO, visitaron as obras de accesibilidade no viario do concello da Fase III
O Concello de Lugo, o IMSERSO e a Fundación ONCE asinaron un Convenio no ano 2006 para levar a cabo esta fase das obras de accesibilidade que contaron cun investimento de 227.078,38 euros e foron contratadas á empresa Aberman Empresa Constructora, S.L.
Esta fase inclúe obras de:
O Concello de Lugo celebrará o domingo 28 de setembro o Día Internacional das Persoas Maiores no Pazo de Feiras e Congresos entre as 11:00 e as 19:30 horas. O prazo de inscrición para participar remata hoxe mércores, 10 de setembro, nos centros sociais municipais.
O Foro Internacional terá lugar en Lugo dende o 19 ata o 23 de maio de 2010
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre e polos responsables do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, mantivo as primeiras xuntanzas de traballo para comezar a organización do Foro Internacional contra as drogas que terá lugar en Lugo dende o 19 ata o 23 de maio de 2010 e que atraerá á cidade a arredor de 250 expertos de todo o mundo.
Nas primeiras tomas de contacto para elaborar a programación que
A Casa da Muller do Concello de Lugo, co fin de elixir o cartel anunciador das VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero convoca o Premio de Deseño Gráfico A Violencia de Xénero ó que poderán concorrer cantos autores e autoras o desexen, con traballos de tamaño e técnica libres, e que deberán ser presentados sobre un soporte ríxido que facilite a súa posible exposición.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, indicou que os deseños contribuirán a destacar o tema da violencia de xénero, debéndose centrar na prevención, o eixo central destas xornadas qu
Con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores que conmemora desde 1990 a ONU, o domingo 28 de setembro, terá lugar a Festa dos Maiores organizada polo Concello de Lugo. Segundo explicou a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, “estes actos festivos buscan servir de xornada de convivencia entre os maiores e ofrecerlles actividades de lecer adaptadas aos seus gustos”.
A piques de rematar a estación de verán o Concello xa está a preparar as actividades para os meses de outono e o primeiro semestre do 2009. A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou a nova programación de actividades socioculturais deseñada pola súa Concellería e que se desenvolverán nos distintos Centros Sociais Municipais entre o 13 de outubro e o 31 de maio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 374
- 375
- 376
- 377
- 378
- 379
- 380
- 381
- 382
- …
- seguinte ›
- última »