
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e María José Meilán e María del Carmen Meilán representantes da ONG Implicadas no Desenvolvemento, presentaron unha nova actividade de sensibilización que terá lugar o vindeiro sábado 13 de xuño polas rúas da cidade e baixo o título O Camiño da Auga.
Uns 25 participantes nos obradoiros de pintura organizados polo Concello de Lugo no Local Social Díaz Castro participan ao longo do día de hoxe, mércores 3 de xuño, nunha xornada ao aire libre.
Nas ribeiras do río Miño ( entre a fábrica da luz e a área recreativa dos Robles) os participantes nos talleres pasarán todo o día.
O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias do Concello de Lugo organizou para o vindeiro domingo 31 de maio, unha serie de actividades co motivo da celebración do Día Mundial sen Tabaco que terán lugar entre as 11:00 e 14:00 horas.
Catro monitores repartirán diante do Concello folletos informativos sobre o consumo tabaco, facilitando as informacións oportunas a todos aqueles que o soliciten. Ademais, haberá como en anos anteriores o troque de caxetillas de tabaco por agasallos.

O BOP de hoxe, 28 de abril de 2009, fai pública a adxudicación provisional dunha nova actuación que se levará a cabo na zona rural do municipio de Lugo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais.

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza un Mercado Romano de mulleres artesás incluído dentro do programa elaborado polo seu departamento para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, un programa de actos que comezou o pasado 6 de marzo coa entrega dos Premios Entre Mulleres.
Trátase dun mercado no que participarán máis de 90 postos nos que se porán a venda produtos artesás elaborados por mulleres de toda España.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, visitaron hoxe as dúas últimas obras de accesibilidade realizadas na cidade.
A primeira visita foi ao novo ascensor do aparcadoiro da Praza da Constitución.

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, continúa cos actos do programa de celebración do Día Internacional das Mulleres organizado polo Concello de Lugo. Os actos comezaron o pasado 6 de marzo coa entrega dos premios Entre Mulleres á judoka lucense Sara Álvarez e á teceira Carmen Rodríguez.
Debido ás obras de mellora do falso teito e tareas de pintura, a pranta alta do Centro Social de A Milagrosa permanecerá pechada ao público durante un prazo previsto de 15 días.
O resto de servizos do centro social continuarán a funcionar con normalidade e os usuarios poderán disfrutar sen problema algún da cafetería.
Ao remate das obra volverase a abrir ao público a pranta alta do centro social.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e Antonio Campanón Sanjurjo, representante da E.I.L INSERGAL S.L., asinaron un convenio de colaboración para facilitar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero.
O obxectivo é a consecución da formación, asesoramento e emprego para acadar a inserción laboral do colectivo de vítimas da violencia de xénero adscritas á Concellería de Muller e Benestar Social.

Os Premios Entre Mulleres 2009 foron entregados polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e pola Delegada Provincial de Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Branca Rodríguez Pazos, nun acto que tivo lugar este venres, 6 de marzo, ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 366
- 367
- 368
- 369
- 370
- 371
- 372
- 373
- 374
- …
- seguinte ›
- última »