
Un dos obxectivos é mellorar a capacidade dos servizos locais para o tratamento das persoas drogodependentes

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, fixo hoxe balance dos usuarios e das actividades do Centro de Convivencia Maruja Mallo. Basadre afirmou que “é un centro que en menos dun ano converteuse nun centro dinámico, con alta participación da poboación da zona que día a día acude ao Maruja Mallo, se involucra e realiza diferentes propostas para aumentar a súa actividade”.

López Orozco asinou outro documento para a colaboración coa promoción e integración xitana de Lugo

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, presidiu esta mañá o Foro de Igualdade no que avaliaron as iniciativas promovidas polo Concello e asociacións no último trimestre.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitaron esta mañá a casa para persoas con discapacidade construída polo Concello na rúa Leiras Pulpeiro. O edificio construíse coa financiamento do Fondo Estatal de Investimento Local cun presuposto de 599.000 euros. Nel haberá cinco vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, unha en cada planta, ademais dun local situado no baixo.

Mañá, xoves 8 de abril, celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Pobo Xitano. Esta data, institucionalizada xunto á bandeira e o himno xitanos no Primeiro Congreso Mundial Roma/Xitano celebrado en Londres en 1971, está tendo nos últimos anos unha importante difusión. Como en anos anteriores, a Fundación Secretariado Xitano editou tamén este ano un cartel conmemorativo e desde as sedes territoriais programáronse numerosas actividades culturais e lúdicas.

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a apertura do procedemento de adxudicación do programa de intervención e pedagóxico Aprende Xogando.

O Concello de Lugo aprobou en Xunta de Goberno a adxudicación provisional á empresa A Billarda SL das actividades extraescolares e complementarias incluídas no programa Unha Escola Aberta organizado pola Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro.
O orzamento deste programa é de 214.000 euros anuais e inclúe actividades extraescolares, apoio a comedores escolares, almorzos e merendas, así como apertura de instalacións deportivas en horario extraescolar.
O Servizo de Intérprete de lingua de signos do Concello de Lugo e a Asociación lucense de Sordos (ALUSOR) atendeu no ano 2009 un total de 1.164 solicitudes. O mes que máis actividade tivo o servizo o ano pasado foi marzo con 158, seguido do mes de abril con 142 e xaneiro con 134.
En canto ao tipo de usuarios do servizo a maioría foron homes, máis dun 60%, e 22 entidades públicas ou privadas solicitaron un intérprete de lingua de signos ao longo do ano.

Os servizos municipais atenderon a un total de 1305 persoas inmigrantes e emigrantes retornados
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, presentou esta mañá o programa de actividades do III Encontro das Culturas organizado pola súa Concellería e que terá lugar do 22 ao 28 de marzo.
A Concelleira indicou que o obxectivo é promover a inserción das persoas inmigrantes na cidade de Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 355
- 356
- 357
- 358
- 359
- 360
- 361
- 362
- 363
- …
- seguinte ›
- última »