O Goberno local informou hoxe ó Consello de Servizos Sociais de que en Lugo non hai lista de espera no servizo de axuda no fogar.
O Consello de Servizos Sociais, do que forman parte representantes do Goberno local os grupos políticos municipais, da Xunta e de asociacións e entidadades sociais, reuniuse hoxe en sesión ordinaria na Casa do Concello.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, informou hoxe de que a subvención anual que lle concedeu a Xunta ó Concello de Lugo correspondente ó plan concertado da dependencia é de 761.551 euros. Esta cifra é sensiblemente inferior ó gasto que lle supón ó Concello a atención ás persoas dependentes. De feito os Servizos Sociais do Concello xa investiron 912.845 euros no primeiro semestre do ano.
…ha pasado ya casi un mes desde que se celebró la semana del Orgullo.

A Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, acompañou hoxe a medio cento de veciños de Lugo que participaron nunha nova excursión do Km0.
Son en total 48 maiores que participan nas actividades do Centro de convivencia Maruja Mallo e da Asociación de Veciños de Coeses.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, recibiron hoxe ós nenos saharauis que pasan o verán na nosa cidade acollidos por familias lucenses.
Cinco dos oito nenos que participan este ano no programa “Vacacións en paz” da Asociación de Axuda ó Sahara, visitaron esta mañá o Concello acompañados polas súas familias de acollida.

O Alcalde e a Concelleira estiveron onte co profesor e os alumnos que practican tai chi no parque do Sagrado Corazón e hoxe visitarán ó grupo que fai esta actividade no parque da Milagrosa.

A Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, e o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Besteiro, recibiron este martes a un grupo de veciños de Lugo participantes nunha excursión do Km0. Son 55 veciños de Lugo, que viaxaron hoxe ata o porto de Burela. No municipio mariñano, coñeceron o ambiente pesqueiro que se vive na lonxa e como traballan as redes as mulleres burelesas.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, presentou esta mañá o obradoiro infantil “Muralla Lugo10 ti recordas, eu aprendo”, dirixido ós nenos e nenas que están a participar no programa de actividades organizado este verán na rede municipal de Centros de convivencia. Este Obradoiro, incluído no programa Lugo10, foi subvencionado polo Ministerio de Cultura e pretende familiarizar ós nenos de Lugo coa Muralla.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, recibiu esta tarde no Concello ás participantes na V Escola de Mulleres Dirixentes da UXT que comezou esta mañá na nosa cidade.
No acto, a Concelleira deulles a benvida ás dirixentes sindicais da UXT que participan nesta Escola e destacou na súa intervención o feito de que “todas loitamos pola igualdade entre homes e mulleres e por lograr que as mulleres poidamos acceder a postos de responsabilidade en igualdade de condicións cos homes”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 349
- 350
- 351
- 352
- 353
- 354
- 355
- 356
- 357
- …
- seguinte ›
- última »