
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, a Deputada Provincial, Regina Polin, e a a Presidenta da Asociación de Autónomas, Nora Real, presentaron esta mañá a primeira edición do Street Market ou mercado na rúa que se celebra na cidade. Trátase dunha feira na que o comercio da cidade sairá ás rúas coa súa mercadoría con descontos entre o 50 e 80%.

Nesta iniciativa colabora a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou esta mañá unha campaña de sensibilización e redución do dano que causa o consumo excesivo de alcohol en colaboración coa Asociación Provincial de Hostalería.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, deu conta hoxe dos servizos prestados polo Centro de Atención a Mulleres Vítimas de Violencia no primeiro semestre deste ano. Un total de sete mulleres que tiñan ao seu cargo a sete menores, o que supón un 70% da ocupación total, foron os que pasaron polos pisos de acollida para mulleres que sofren malos tratos do Concello de Lugo.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, anunciou hoxe que este sábado comeza unha nova actividade de verán do programa +xTi. Trátase de Ocio no río, no que se van organizar unha serie de actividades nas que poderán participar todas as persoas que disfruten da tarde do sábado á beira do río.
A competición terá lugar no campo da Cheda, organizada polas asociacións de Rioplatenses de Lugo, de inmigrantes colombianos e de Perú-Lugo coa colaboración do Concello

Dentro deste programa do Concello, que conta con financiamento do Plan nacional de drogodependencias, estanse a celebrar un programa de actividades de verán que inclúen obradoiros de papiroflexia e globoflexia, goma eva e fieltro, pintura de camisetas e téxtil e tamén se organizaron outras actividades como unha excursión a Marcelle.
Todas as fotos e información sobre as actividades no web www.lugo.es/prevenciondrogas
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, acompañou ó Concelleiro de Festas de Astorga, César Núñez, e ó Presidente da Asociación de Astures e Romanos, Rubén Martínez, na presentación da festa de recreación histórica “Astures y Romanos”.
Carmen Basadre anuncia novos obradoiros sobre as redes sociais e a procura de emprego para o próximo curso
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, informou do éxito de participación acadado polo programa de prevención Previlugo levado a cabo durante o curso 2011-2012 e no que participaron 1.740 rapaces e rapazas. Os obradoiros desenvolvéronse en 8 centros educativos da cidade e tiveron como destinatarios aos alumnos e alumnas de entre 12 e 19 anos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro fixeron entrega dos premios aos gañadores do primeiro Concurso de Ambientación romana e castrexa. Esta convocatoria tivo lugar con motivo do Arde Lucus e estaba organizada polo Concello de Lugo en colaboración co grupo El Progreso.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, informou esta mañá que o Concello de Lugo habilitou un correo electrónico (prevencionfamilias@concellodelugo.org ), ao que tamén se pode acceder dende o portal web do Concello, para informar sobre como previr as drogodependencias.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 325
- 326
- 327
- 328
- 329
- 330
- 331
- 332
- 333
- …
- seguinte ›
- última »