A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, organiza, a través do departamento de Animación Sociocultural unha actuación da Coral Xeada que se vai celebrar mañá, mércores, día 5 de xuño, no Centro de Convivencia Fingoi.
Trátase dunha actividade libre e de entrada gratuíta, que se desenvolverá a partir das 12.15 horas.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, en colaboración co Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, organiza unha nova sesión informativa sobre a calidade do leite , que terá lugar mañá, mércores, día 29 de maio, no Centro de Convivencia de Fingoi.
Esta Xornada, que se enmarca dentro das actividades de animación sociocultural, desenvolverase a partir das 18.30 horas e consistirá nunha charla seguida de coloquio, que se celebrará baixo o lema Sabemos que leite bebemos?
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, en colaboración co Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, organiza unha nova sesión informativa sobre a calidade do leite , que terá lugar mañá, mércores, día 29 de maio, no Centro de Convivencia de Fingoi.
Esta Xornada, que se enmarca dentro das actividades de animación sociocultural, desenvolverase a partir das 18.30 horas e consistirá nunha charla seguida de coloquio, que se celebrará baixo o lema Sabemos que leite bebemos?
A Concellería de Benestar Social e Igualdade en con colaboración co Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo organizan unhas charlas informativas sobre a calidade do leite dentro das actividades de animación sociocultural.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira; a vogal de Xuventude de Auxilia, Mónica Cardelle, e o director da compañía Hipócrita Teatro, Carlos Rebolo, presentaron hoxe a obra de teatro "Unha historia con pau" que se levará a escena o sábado a beneficio de Auxilia Lugo.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, comunica a apertura do prazo de exposición pública das novas ordenanzas dos servizos de axuda no fogar, centro de día e pisos de emerxencia social.
O anuncio da aprobación inicial das tres ordenanzas foi publicado o sábado no Boletín Oficial da Provincia e agora ábrese un prazo de trinta días hábiles para a presentación de suxestións e reclamacións.

O programa do Día Mundial da Diversidade Cultural inclúe a proxección do documental realizado por Agareso sobre o Fondo, do que é socio o Concello
A exposición ‘Imaxes con Fondo’, xurdida do concurso fotográfico do mesmo nome organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, estrearase mañá dentro do VI Encontro das Culturas organizado polo Concello de Lugo, que é socio da devandita entidade municipalista.

Segundo as últimas estatísticas, máis de 5.500 veciños de Lugo son inmigrantes
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou hoxe os VI Encontros das Culturas, organizados polo Concello e que terán lugar os días, 20. 21, 22, 23 e 24 de maio.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciou esta mañá que a próxima semana, despois da publicación no DOG, abrirase o prazo da convocatoria para o exercicio 2013 de subvencións por concorrencia competitiva para asociacións sen ánimo de lucro.
Dende mañá martes 7 de maio, pódense solicitar as axudas económicas que concede o Concello de Lugo a persoas con discapacidade física e afectadas por graves dificultades de mobilidade para gastos do transporte en taxi adaptado. Así, se indica dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, xa que hoxe saíron publicadas as bases no Diario Oficial de Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 318
- 319
- 320
- 321
- 322
- 323
- 324
- 325
- 326
- …
- seguinte ›
- última »