
A Xunta de Goberno Local adxudicou a xestión do servizo de transporte urbano de viaxeiros de Lugo á empresa Autobuses Urbanos de Lugo, do grupo lucense Monbus, por un prazo de 10 anos, con opción a prórroga de 5 máis.

A programación de actividades que organizou o Concello polo Entroido continúa este luns coa ludoteca de xogos xigantes, obradoiro de maquillaxe e globoflexia, e espectáculo de maxia para os máis pequenos no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros, que arrancou as 18:30 horas.

O Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade posicionouse en contra dos ataques machistas ás mulleres con implicación no ámbito público, a raíz das últimas conductas contra as mulleres recollidas nos medios de comunicación.

A Casa da Muller atendeu no pasado ano 2015 máis de 5.000 consultas.

Lugo respirou deporte este domingo durante a XIII Carreira Popular Lugo Monumental, na que se deron cita máis de 2.200 deportistas de todas as idades, dende os 5 anos en diante, e de todos os puntos do Concello, da provincia e do resto de Lugo.

O Pleno do Concello de Lugo gardou un minuto de silencio antes de iniciar a sesión plenaria prevista para este xoves para manifestar a súa repulsa e condena ao terrorismo machista, que asasinou a 8 mulleres en 28 días, sendo este un dos peores comezo de ano.

Máis de 2.200 deportistas xa están listos para disputar o vindeiro domingo, 31 de xaneiro, a XIII Carreira Popular Lugo Monumental, unha proba deportiva organizada polo Concello de Lugo co patrocinio de Viesgo, grupo El Progreso, Noroeste de Iberianpartners e a Asociación Española Contra

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, asistiu este domingo aos actos conmemorativos da festividade da Nosa Señora de Altagracia, patroa da República Dominicana, que se celebraron na cidade de Lugo.
O Concello realizará dende a próxima semana obras de accesibilidade en varias rúas da cidade.

Este martes, 19 de xaneiro, tivo lugar a elección do IX Goberno Municipal Infantil, no salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, coa participación dun centenar de alumnos dos colexios Illa Verde, Menéndez Pelayo, Anexa e Rosalía de Castro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 294
- 295
- 296
- 297
- 298
- 299
- 300
- 301
- 302
- …
- seguinte ›
- última »