Reparto gratuíto de 200 entradas para o partido entre a selección galega e Venezuela

O Concello de Lugo distribúe gratuitamente un total de 200 entradas para asistir ao partido que o 20 de maio disputarán a selección galega e a de Venezuela no estadio de Riazor, a partir das 20.30 horas. Poderán recollerse na Conserxería da casa consistorial os días 18 e 19 de maio das 8:00 ás 20:00 horas. Entregaranse por rigoroso orde e ata un máximo de dúas por persoa, ata que se esgoten.