Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Reparto gratuíto de 200 entradas para o partido entre a selección galega e Venezuela

Reparto gratuíto de 200 entradas para o partido entre a selección galega e Venezuela

O Concello de Lugo distribúe gratuitamente un total de 200 entradas para asistir ao partido que o 20 de maio disputarán a selección galega e a de Venezuela no estadio de Riazor, a partir das 20.30 horas. Poderán recollerse na Conserxería da casa consistorial os días 18 e 19 de maio das 8:00 ás 20:00 horas. Entregaranse por rigoroso orde e ata un máximo de dúas por persoa, ata que se esgoten.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/avisos/reparto-gratuito-de-200-entradas-para-o-partido-entre-seleccion-galega-e-venezuela