O Concello de Lugo informa que mañá, 19 de setembro, a partir das 10:00 horas procederase ao corte de tráfico da Rúa Rof Codina dende a intersección coa Rolda das Fontiñas ata a intersección coa Rúa das Artes, durante o tempo que leve a realización das obras necesarias nese treito de rúa e realizadas polo Concello de Lugo.
Para elo instalarase a correspondente sinalización e contarase co apoio da Policía Local.

