Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Corte de tráfico na Rúa Rof Codina o 19 de setembro

Corte de tráfico na Rúa Rof Codina o 19 de setembro

O Concello de Lugo informa que mañá, 19 de setembro, a partir das 10:00 horas procederase ao corte de tráfico da Rúa Rof Codina dende a intersección coa Rolda das Fontiñas ata a intersección coa Rúa das Artes, durante o tempo que leve a realización das obras necesarias nese treito de rúa e realizadas polo Concello de Lugo.

Para elo instalarase a correspondente sinalización e contarase co apoio da Policía Local.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/avisos/corte-de-trafico-na-rua-rof-codina-o-19-de-setembro