Lugo será a sede, o próximo 8 de setembro, dun encontro de alto nivel da Unión Europea.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada dos edís de Xuventude, Mauricio Repetto, e Gobernanza, Paula Alvarellos, participou este venres nas actividades organizadas por Alcaldía e Protección Civil, coa colaboración da Fundación Maphre e Sidegal, enmarcadas na Semana de Prevención de Incendios
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, interveu esta mañá na reunión técnica organizada para paralizar definitivamente o proceso de construción de vivenda pública no Castiñeiro.
Debido ao inicio mañá das obras da “Peonalización entre a porta da muralla 'Bispo Odoario' e Praza de Ferrol” no centro histórico, é necesario realizar un corte temporal do acceso ao tráfico rodado na porta da muralla Bispo Odoario cara á rúa Montevideo.
O executivo de Lara Méndez acordou concorrer á convocatoria de axudas do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, para o Programa de mellora da competitividade e de dinamización do patrimonio histórico con uso turístico, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Coñecer para previr. Con ese obxectivo, o Concello de Lugo organizará esta semana unha programación específica para informar á poboación de como actuar en caso de incendio e como evitar riscos, amosando o labor que desenvolven os servizos de emerxencia que operan no municipio.
O executivo de Lara Méndez organiza este luns e martes o encontro de danza galega e portuguesa “ConVIVO”, enmarcado na programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada dos edís de Medio Rural e Gobernanza, Miguel Fernández e Paula Alvarellos, mantivo un novo encontro este sábado coa veciñanza da Louzaneta para avanzar na urbanización deste sector da cidade e continuar, así, dando pasos na súa ordenación, tras moitos
O Concello de Lugo celebra este martes, na Praza Maior, o Día de Europa, unha efeméride que cada 9 de maio conmemora o aniversario da histórica Declaración de Shuman, asinada en 1950.
O Tour do Talento despedirá a súa parada en Lugo durante a fin de semana cunha completa programación de ocio e lecer destinada, especialmente, aos mozos e mozas da cidade, pero tamén con actividades para todos os públicos e idades.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »