Actualidade

Ex., 22-10-2026
Ex., 22-10-2026
Xoves, 24 de setembro de 2026
O Concello pon en valor a implicación das agrupacións locais na celebración do San Froilán

Esta tarde, representantes das formacións e colectivos que participarán na programación das festas reuníronse diante da Casa do Concello

Xoves, 24 de setembro de 2026
Os Pelúdez completaron hoxe as súas 30 visitas para achegar o San Froilán a centros educativos e ao HULA

Como novidade deste ano foi a súa chegada por primeira vez ás escolas infantís municipais, achegando o espírito das festas ás nenas e nenos máis pequenos

Xoves, 24 de setembro de 2026

A concelleira do equipo de goberno, Flor Rubinos, lembra que a medida formaba parte do programa electoral de Elena Candia en 2023 e que o PP xa a levou aos orzamentos de 2025, mentres PSOE e BNG votaron en contra da súa implantación no Pleno en febreiro dese mesmo ano "nos facemos o que dicimos en 5 meses, mentres que PSOE e BNG levaban dende 1999 no goberno e non deron ningún paso para implantar este servizo"

Mércores, 23 de setembro de 2026
Meta confirma que a xestión realizada anteriormente provocou que a conta oficial de Facebook de San Froilán de Lugo, con máis de 16.800 seguidores, quedase sen un administrador efectivo

O anterior goberno do PSOE e do BNG deixou a páxina bloqueada e esta situación púxose en coñecemento da Policía Nacional

Mércores, 23 de setembro de 2026
Elena Candia anuncia a próxima convocatoria das axudas de concorrencia competitiva para entidades sociais, que duplicarán a súa dotación ata os 76.000 euros

O anuncio realizouse hoxe durante a sinatura dos convenios das subvencións nominativas con 26 entidades sociais, que recibirán 286.000 euros, cun anticipo do 80 %, fronte ao 50 % habitual, e cunha tramitación adiantada respecto do calendario dos últimos anos

Mércores, 23 de setembro de 2026
O Concello de Lugo colabora con Terra Nova na súa nova tempada 2026-2027

A programación da Xove Orquestra inclúe novas propostas musicais, formación e concertos; o primeiro será no San Froilán e pechará a tempada en xuño cunha ópera

Martes, 22 de setembro de 2026
O Concello de Lugo acolleu o acto de irmandamento entre a Semana de Cine de Lugo e o Festival de Cine de Astorga

O Concello de Lugo acolleu este martes o acto de irmandamento entre a Semana de Cine de Lugo e o Festival de Cine de Astorga, unha iniciativa que abre unha nova vía de colaboración entre dous certames cunha longa traxectoria e entre dúas cidades bimilenarias unidas por unha importante herdanza romana.

Martes, 22 de setembro de 2026
O Concello fai balance da tempada 2026 das piscinas exteriores de Frigsa, con máis de 25.000 usuarios

A ampliación do calendario de apertura permitiu que máis de 8.200 persoas utilizasen as instalacións fóra dos meses habituais de xullo e agosto

Páxinas