O goberno local proporá o 26 de novembro como data de aprobación en Pleno
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, explicaron as propostas que fará o equipo de goberno ós distintos grupos con representación no Concello, para os orzamentos municipais do ano 2008.
López Orozco explicou que o luns comezará unha negociación con “total transparencia, como debe ser”, para chegar a un acordo cos distintos grupos políticos. “Comezamos unha nova etapa para a aprobación dos presupostos.