Vodas civís

Instrucións para a celebración das vodas civís no Concello de Lugo

Primeiro. Emprazamento

As celebracións das vodas civís terán lugar no local do Concello debidamente habilitado. 

Cando teñan lugar noutros locais distintos dos que foran previamente habilitados, o Concello, a través dos órganos competentes, e de acordo co determinado pola lexislación de réxime local, asegurarase de que os locais onde se vaia autorizar o matrimonio reúna as condicións adecuadas de decoro e funcionalidade, de maneira que estes resulten aptos para permitir celebrar os matrimonios.

Segundo. Días e horarios

As vodas civís terán lugar, de forma ordinaria, de luns a venres non festivos, das 12:00 ás 14:00 horas, e o primeiro e terceiro sábado hábil de cada mes, das 11:30 ás 13:00 horas, e de maneira extraordinaria o terceiro sábado, das 17:30 ás 20:00 horas.

Terceiro. Solicitudes

  1. Os interesados contactarán a través do número de teléfono 982.297.194 co Servizo de Asesoría Xurídica para reservar a data e hora do enlace de acordo co calendario oficial.
  2. Cunha antelación mínima de quince días hábiles respecto da data na que pretendan celebrar a voda, presentarán solicitude por escrito no Rexistro Xeral do Concello, acompañada da seguinte documentación:
  • certificación para casar no Concello, expedida polo Rexistro Civil
  • xustificante do pagamento  das taxas municipais
  • orixinais e fotocopias do DNI dos contraentes e de dúas testemuñas           

Se sete días antes da data solicitada para a celebración do matrimonio os interesados non teñen presentada toda a documentación solicitada, procederase ao arquivo do expediente.

Cuarto. Presidencia do acto

Os matrimonios celebraranse ante a Alcaldesa ou calquera Concelleiro/a, de  entre os/as edís electos/as do Concello de Lugo, ben por solicitude dos contraentes ou por quenda.

Quinto. Vehículos

Autorízaselles a acceder diante do Concello,  durante a celebración da cerimonia, aos dous coches dos contraentes, e no caso excepcional de asistencia dun invitado con mobilidade reducida tamén se lle autorizará o acceso. Para iso solicitaranlle por escrito a correspondente autorización á Policía Local. En caso de entorpecer, colocaranos no lateral.

Sexto. Prohibicións

Dentro da Casa do Concello e nos seus soportais non se poderán lanzar flores, pétalos ou outros obxectos habituais neste tipo de cerimonias.

Na medida do posible, rógase que eviten tirar arroz ou outros produtos alimenticios.

 **********************

Calquera dúbida sobre a tramitación do expediente chamar 982.297.194

 **********************