A Xunta de Goberno Local é o órgano municipal que colabora na función de dirección política que lle corresponde á Alcaldesa, que é a súa presidenta e a encargada de nomear os seus membros, que poden ser ou non concelleiros. Entre os membros da Xunta de Goberno con cargo de concelleiros, a presidenta nomea á secretaria.
A Xunta de Goberno encárgase da aprobación dos proxectos relativos a ordenanzas, orzamentos, regulamentos ou relación de postos de traballo. Ademais, a Xunta de Goberno ten competencias na concesión e contratación de licenzas, así como no nomeamento e cesamento dos titulares dos órganos directivos do Concello. Nalgúns casos, este órgano municipal pode levar a cabo accións xudiciais e administrativas.
A Xunta de Goberno Local debe responder ante o Pleno das súas actividades, aínda cando a responsabilidade directa dalgunha delas corresponda a un dos membros da Xunta.
Todos os membros da Xunta de Goberno Local teñen dereito a participar nos debates das sesións plenarias, sexan ou non concelleiros.
Composición
- Presidenta Excma. Sra. D.ª Elena Candia
- 1º Tenente de Alcaldesa Ilmo. Sr. D. Antonio Ameijide
- 2º Tenente de Alcaldesa Ilmo. Sr. D. Javier Vázquez
- 3ª Tenenta de Alcaldesa Ilma. Sra. D.ª Flor Rubinos
- 4ª Tenenta de Alcaldesa Ilma. Sra. D.ª Silvia Colmenero
- 5º Tenente de Alcaldesa Ilmo. Sr. D. Ramón Cabarcos
- 6º Tenente de Alcaldesa Ilmo. Sr. D. Agustín Gallego
- 7º Tenente de Alcaldesa Ilmo. Sr. D. Gustavo Díaz
- 8ª Tenenta de Alcaldesa Ilma. Sra. D.ª Mar Carballas