Xuventude e Deportes participa na presentación da moeda do Arde Lvcvs, que conmemora os 25 anos da Muralla como ben mundial

Jorge Bustos, presentou xunto ao presidente e integrantes da Cohors III Lucensium, as xornadas culturais, que mañá comezan con charlas sobre arqueoloxía e visitas guiadas.

Martes, 13 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude e Deportes participa na presentación da moeda do Arde Lvcvs, que conmemora os 25 anos da Muralla como ben mundial

O concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, participou esta mañá na presentación da moeda do Arde Lucus, xunto a integrantes da asociación Cohors III Lucensium, a quen felicitou pola reprodución un ano máis da moeda oficial da festa romana, que nesta edición conmemora os 25 anos da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco. Así o explicaron o edil encargado da organización da festa de recreación histórica e o presidente da Cohors, Miguel Alvelo, quen tamén falaron da colaboración de asociación e Concello de Lugo na celebración das xornadas culturais que preceden ao Arde Lvcvs.

Así, o desenvolvemento das XVI Xornadas Culturais comezan mañá, ás 20.00 horas no salón de actos do Vello Cárcere, coa mesa redonda “A arqueoloxía en Lvcvs Avgvsti” e os traballos realizados polo arqueólogo Enrique Alcorta Iraztorza. A actividade continuarán o xoves, cunha visita desde a Porta Miñá, a cargo do arqueólogo municipal Enrique González, ás 17.00 horas; e coa conferencia do arqueólogo Fernando Muñoz Villarejo sobre as murallas romanas de Legio (León), no patio do Vello Cárcere, ás 20.00 horas.   

Audio

  • O concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, sobre a moeda do Arde Lvcvs  e as xornadas culturais | Descargar mp3

Multimedia

  • Xuventude e Deportes participa na presentación da moeda do Arde Lvcvs, que conmemora os 25 anos da Muralla como ben mundial

Noticias relacionadas