Rubén Arroxo afirmou que o Goberno de Lugo traballa "na mellora de todos os espazos públicos da cidade".
Os traballos executáronse ao longo desta semana, e nos vindeiros días renovarase a sinalización horizontal.

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, visitou a Avenida das Fontiñas onde vén de rematar a renovación do firme no treito que amosaba un maior desgaste, entre os números 254 e 310 en dirección cara á avenida de Madrid. O Goberno de Lugo executou unha intervención destinada "a mellorar o estado dun dos treitos que acollen máis tráfico", explicou Arroxo, que lembrou que desde a Tenencia de Alcaldía trabállase para garantir "unha circulación máis segura e cómoda tanto para os condutores como para os peóns", destacou Penas.
Os traballos executados consistiron na aplicación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, e nos vindeiros días procederase á renovación da sinalización horizontal.
Arroxo afirmou que "desde a Tenencia de Alcaldía seguimos traballando para mellorar os espazos públicos, planificando os traballos en base ás visitas aos barrios e ás reclamacións da veciñanza". "Estamos a desenvolver proxectos sostibles, con materiais de calidade e criterios técnicos rigorosos, que permitirán que estas melloras se manteñan no tempo", sinalou Rubén Arroxo, que engadiu: "seguimos a actuar nos barrios, onde a veciñanza reclama melloras, apostando por un modelo de cidade no que os espazos públicos sexan seguros, funcionais e pensados para as veciñas e veciños".


