Arroxo: "este é un dos festivais de música máis antigos do estado, unha cita xa consolidada que achega o mellor da música antiga á nosa cidade, enriquecendo a programación cultural".
Os concertos serán de entrada gratuíta, e terán lugar no Auditorio Municipal Fuxan os Ventos, no Círculo das Artes e no Conservatorio Xoán Montes entre o 17 e o 31 de maio.

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola deputada provincial responsábel da área de Cultura, Iria Castro, e Xosé Luís Díaz en representación da Sociedade Filarmónica de Lugo, presentaron o 52 Festival de Música Cidade de Lugo, que volve en 2025 con 8 concertos con carácter internacional e presenza galega. Arroxo destacou que este é "o festival de música máis antigo de Galiza, e un dos máis antigos do estado, que celebra este ano a súa 52ª edición", e afirmou que o programa deste ano "inclúe a artistas e propostas musicais de gran calidade artística e prestixio internacional".
"Desde a área de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo mantemos o noso compromiso con todas as manifestacións artísticas, apoiando ao tecido cultural local e favorecendo que a veciñanza poida desfrutar de propostas que sen este tipo de iniciativas non sería posible ver en Lugo", explicou Iria Castro, que engadiu "este ano, contaremos cunha actividade de música na rúa a cargo de estudantes do Conservatorio, escolas de música e agrupacións e intérpretes locais". A responsábel provincial de Cultura destacou o papel da Sociedade Filarmónica de Lugo "na organización ano tras ano desta mostra garantindo sempre a calidade das e dos artistas escollidos".
Por primeira vez, o Auditorio Municipal Fuxan os Ventos será un dos escenarios principais deste festival, con 3 dos 8 concertos celebrándose nesta instalación. O Círculo das Artes e o Conservatorio Xoán Montes serán as outras dúas sedes do Festival de Música Cidade de Lugo 2025.
Programación 52 festival de música Cidade de Lugo
17 de maio - Auditorio Fuxan Os Ventos - 20:30 h
Gallaecia Ensemble Barroco
Eu, Francesca (conmemoración do 400º aniversario da creación de La Liberazzione di Ruggiero de Francesca Caccini - primeira ópera que se conserva composta por unha muller)
20 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
La Spagna
Jiayu Jin, soprano
Lamenti di donna
23 de maio – Conservatorio Prof. de Música “Xoán Montes” - 20:30 h
La Ritirata
Il Spiritillo Brando (Músicas cortesanas de Italia e España na transición do Renacemento ó Barroco)
24 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
Cosmos Quartet
Ecos Londinenses (Haydn, Adès, Purcell & Britten)
27 de maio – Conservatorio Prof. de Música “Xoán Montes” - 20:30 h
Eduardo Fernández, piano
Recital (Bach, Sibelius, Liszt & Chopin)
29 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h
Carlos Mena, contratenor
Concerto 1700
Sacro Vivaldi
30 de maio - Auditorio Fuxan Os Ventos - 20:30 h
Orquestra Gaos
Daniel Vlashi, violín
Fernando Briones, director
Bruch: Concerto para violín / Falla: O Sombreiro de tres picos
31 de maio - Auditorio Fuxan Os Ventos - 20:30 h
Orquestra Sinfónica Vigo 430
Nancy Zhou, violín
Isabel Rubio, directora
Chaikovski: Concerto para violín / Beethoven: Sinfonía nº 6
Audio
- O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, sobre o festival de música "Cidade de Lugo" | Descargar mp3
- A deputada provincial, Iria Castro, sobre o festival de música "Cidade de Lugo" | Descargar mp3
- Xosé Luís Díaz, en representación da Sociedade Filarmónica de Lugo, sobre o festival de música "Cidade de Lugo"| Descargar mp3



