"Modificarase parte da rúa Cambria para que as crianzas poidan acceder ao colexo Rosalía, a través dun entorno amable e seguro", dixo Rubén Arroxo
O Tenente Alcalde destacou que "avanzamos nunha cidade con espazos pensados para as persoas, aproveitando tamén para renovar os servizos soterrados como a rede de alumeado ou o abastecemento"
- Tema

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, visitaron o CEIP Rosalía de Castro onde a Tenencia de Alcaldía está a traballar na mellora da contorna, renovando a rúa Cambria para "crear un novo espazo de convivencia como o que podemos ver no norte da cidade, na contorna do Colexio Luís Pimentel", explicou Arroxo. Segundo o Tenente Alcalde, aplicarase o modelo de plataforma única con preferencia peonil, "un modelo que está a funcionar xa en moitos puntos da cidade", e crearanse novas zonas axardinadas e bancos.
O CEIP Rosalía é un dos cinco centros da cidade incluidos no programa de vieiros escolares seguros "facilita a conciliación familiar, ademais de promover hábitos de vida saudables e reducir o tráfico rodado na contorna dos colexios" dixo Rubén Arroxo que asegurou que esta actuación complementa o proxecto "Camiño ás Aulas".
Os traballos que se están a executar consisten na renovación da calzada e das beirarrúas, para posteriormente habilitar unha plataforma única ao nivel das actuais beirarrúas separando a zona de acceso ao colexio con zonas axardinadas e bancos. Tamén se renovarán as instalacións da rede de abastecemento, instalando novas tubaxes de fundición dúctil e novas canalizacións para a instalación de alumeado público. A rúa construirase con formigón desactivado, "unha solución estética que tamén podemos ver en diversos puntos da cidade, e que permite reducir o mantemento dos espazos públicos pola súa grande durabilidade", explicou Arroxo. acabado elegido será de hormigón desactivado en color rojizo. A Tenencia de Alcaldía inviste 124.078,45€ na renovación deste espazo "para avanzar no obxectivo de aumentar os espazos de convivencia e mellorar as contornas escolares con zonas humanizadas", afirmou Rubén Arroxo.
Audio
- Rubén Arroxo, sobre o Colexio Rosalía | Descargar mp3


