Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con veciñas e veciños da rúa Río Parga

Arroxo: "Seguimos mantendo xuntanzas coa veciñanza dos barrios para coñecer de primeira man as necesidades en todas as zonas da cidade".

“A atención aos barrios é unha prioridade para o goberno municipal” indicou Rubén Arroxo.

Domingo, 06 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con veciñas e veciños da rúa Río Parga

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron un encontro con veciñas e veciños da contorna da rúa Río Parga. Os edís visitaron a zona para escoitar "as necesidades que nos amosaron as veciñas e veciños do barrio", explicou Rubén Arroxo.

“Moitas veces, pequenas intervencións permiten garantir as boas condicións dos distintos servizos públicos, e melloran a calidade de vida e o benestar das veciñas e veciños”, indicou o Tenente de Alcalde, que engadiu “as pequenas intervencións que se poidan realizar nos barrios son unha prioridade do goberno municipal”.

Arroxo agradeceu á veciñanza “que nos trasladasen os problemas existentes no barrio, e que nos indicasen as melloras que atopan máis urxentes, o que nos permitirá seguir a traballar para continuar a mellorar a calidade de vida en todos os barrios”.

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense con veciñas e veciños da rúa Río Parga

Noticias relacionadas