Preto de 170 nenos e nenas de Lugo xa estan a gozar da programacion das Aulas Abertas e Aprende Xogando

Mércores, 01 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Preto de 170 nenos e nenas de Lugo xa estan a gozar da programacion das Aulas Abertas e Aprende Xogando

A concelleira de Benestar Social, Olga López acompañou esta mañá aos 170 nenos e nenas que dende hoxe gozan da iniciativa Aulas Abertas, impulsada polo Goberno de Lara Méndez para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal que vai dirixida a nenos de 3 a 12, durante os meses de xullo e agosto, en horario de mañá, das 08.30 horas ás 14.00 horas. “As accións serán levadas a cabo en pequenos grupos, en contornas seguras para a súa saúde, garantindo unhas condicións de sanidade e hixiene óptimas” destacou a edil que tamen aproveitou a xornada para facer unha visita aos nenos que participan na programacion de Aprende xogando a cal se levará a cabo durante os meses de xullo, agosto e a primeira quincena do mes de setembro: en horario de mañá, das 9.00 h. ás 14.00 horas, e en horario de tarde, das 16.00 h. ás 20,30 horas.

Noticias relacionadas