Domingo, 27 de setembro de 2015
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultura, Pablo Piñeiro, visitaron esta mañá os expositores da XXIII Feira do Mel de Lugo, que acolleu este domingo a Praza da Soidade. O Concello de Lugo colabora con esta asociación nesta cita “amplamente consolidada”, tal e como a definiu Méndez, posto que se enmarca na súa aposta por potenciar a comercialización dos produtos autóctonos de calidade. Nesta cita, que nas anteriores edicións acadou un volume de negocio de preto de 24.000 euros, déronse cita 22 expositores que puxeron á venda uns 3.000 quilos de mel a un prezo de 7 euros o quilo e a 4, o medio quilo.