Policía Local e Protección Civil colaborarán no reparto de máscaras nos transportes públicos desde mañá

O Goberno de Lara Méndez pon a disposición do operativo aos efectivos municipais na liña de colaboración que mantén co resto das administracións

Domingo, 12 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Policía Local e Protección Civil do Concello de Lugo colaborarán a partir das 6:30 horas do luns coa Policía Nacional e a Subdelegación do Goberno no dispositivo posto en marcha para o reparto de máscaras no transporte público con motivo da volta á actividade laboral de moitos colectivos e profesionais.

O Goberno de Lara Méndez, na liña de cooperación e man tendida que mantén  co resto de administracións para paliar ao máximo posible e en todas as áreas os efectos da pandemia, pon aos efectivos das forzas de seguridade e ao voluntariado municipal a disposición deste operativo para a distribución nos autobuses urbanos con maior demanda como os que comunican cos polígonos industriais e o HULA, así como nos interurbanos establecidos e trens, tal e como foi acordado este domingo nunha reunión mantida na Subdelegación do Goberno.

Noticias relacionadas