A Alcaldesa deulle a benvida ao grupo, que visitaron as instalacións comezando pola unidade de Atestados, onde un grupo de 23 persoas usuarias de COGAMI, acompañadas de 10 profesionais, visitaron este martes as instalacións da Policía Local de Lugo, onde puideron coñecer de preto o labor que desempeñan os e as axentes

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deulle a benvida ao grupo nesta sesión, na que visitaron as dependencias policiais, comezando pola unidade de Atestados, onde se interesaron polos drogotest e os controis de alcol. Durante a visita estiveron acompañados por varios axentes, que lles deron conta, entre outras cousas, do material necesario para velar no día a día pola seguridade da cidadanía.
Para Méndez esta visita supón "unha oportunidade de achegar o traballo da nosa Policía, cuxa vocación do corpo é ser aberto á cidadanía, a colectivos da cidade, implicados ademais no desenvolvemento de Lugo, e para difundir a importancia do labor deste corpo de seguridade".