A Policía Local de Lugo afonda coñecementos sobre a regulación do transporte escolar en colaboración coa Garda Civil

En total 15 axentes do Corpo recibirán formación específica, de gran utilidade para o desenvolvemento do seu labor, da man dun especialista do Subsector de Tráfico da Benemérita.

Mércores, 11 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía Local de Lugo afonda coñecementos sobre a regulación do transporte escolar en colaboración coa Garda Civil

A Policía Local de Lugo recibirá mañá a segunda das charlas formativas para afondar no coñecemento específico da regulación pola que se rexe o transporte escolar co obxectivo de mellorar a súa formación á hora de intervir en dispositivos de vixilancia relacionados con esta materia ou en caso de detectar algún tipo de infracción relativa á mesma.

En total, nestas sesións participarán un total de 15 axentes nas que profundizarán, da man dun especialista da Garda Civil de Tráfico, en nocións sobre a normativa que regula o sector do transporte, tanto de mercadorías como de persoas e, neste caso, de menores durante os traxectos que realizan a diario até os centros educativos.

Estas xornadas, nas que os efectivos teñen oportunidade tamén de refrescar e actualizar conceptos de seguridade vial relativos á inspección deste tipo de vehículos e ás e aos seus condutores, son froito da estreita colaboración que manteñen ámbolos dous Corpos e a través da cal ten cabida tamén a realización de prácticas reais en operativos conxuntos.

Multimedia

  • A Policía Local de Lugo afonda coñecementos sobre a regulación do transporte escolar en colaboración coa Garda Civil

Noticias relacionadas