Paula Alvarellos supervisa xunto ao presidente da CHMS e o rector da USC a rehabilitación do Muiño de Olga, na que o Organismo autónomo investirá 750.000 euros

“Tanto a restauración do caneiro de Acea de Olga como a rehabilitación deste emblemático muíño, son dúas intervencións fundamentais para continuar co traballo que estamos a desenvolver dende o Concello para potenciar a contorna fluvial”, dixo.

“Ademais de executar as obras necesarias para a finalidade da infraestrutura, eliminará os feísmos desta contorna tan privilexiada ao bordo do río Miño e situado nun municipio tan arraigado á historia e ao patrimonio fluvial” explicou o presidente da CHMS.

Finalizadas as obras, a USC será a encargada de dar un uso divulgativo a esta instalación, para dedicalo principalmente a temas relacionados coa hidrología, xestión de recursos do río, ecosistemas fluviais ou etnografía.

Martes, 10 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos supervisa xunto ao presidente da CHMS e o rector da USC a rehabilitación do Muiño de Olga, na que o Organismo autónomo investirá 750.000 euros

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos,  acompañada por José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e, Antonio López, reitor da USC  visitou esta mañá o desenvolvemento dos traballos de recuperación do Muíño de Acea de Olga.

"Tanto a restauración do caneiro de Acea de Olga como a rehabilitación deste emblemático muíño, son dúas intervencións fundamentais para continuar co traballo que estamos a desenvolver dende o Concello para achegar e potenciar o entorno fluvial do Miño entre a cidadanía, mediante actuacións constantes e programadas e para as que é fundamental a colaboración da Confederación Hidrográfica”, sinalou a rexerora.

“Tamén debemos agradecer á Universidade de Santiago o papel tan importante que ten, en concreto neste proxecto, para recuperar e poñer en valor esta edificación tan icónica, utilizándoa como un novo centro de divulgación científica e natural, a través do Campus Terra.", apuntou Alvarellos Fondo.

Este proxecto contempla as obras necesarias no inmoble para ceder o seu uso á Universidade de Santiago de Compostela (USC) e destinalo a actividades de divulgación do Campus Terra e da Universidade en xeral, especialmente as relacionadas coa hidrología, xestión de recursos hídricos do río e a súa fauna, flora, construcións ou etnografía.

Con iso dáse cumprimento ao Convenio asinado entre a CHMS e a USC en data 31 de xullo de 2023, no que o organismo se comprometía a sufragar tanto a modificación do proxecto construtivo primitivo, como á execución da obra, a súa dirección e vixilancia e a coordinación da Seguridade e Saúde.

“A CHMS ademais de executar as obras necesarias para a finalidade da infraestrutura, eliminará os feísmos desta contorna tan privilexiada ao bordo do río Miño e situado nun municipio tan arraigado á historia e ao patrimonio fluvial”, explicou Quiroga.

Finalizadas as obras, a USC dotará de contido a esta infraestrutura “hai que lembrar que as Universidades teñen entre as súas funcións, a difusión, a valorización e a transferencia do coñecemento ao servizo da cultura, da calidade de vida e do desenvolvemento económico e social, polo que consideramos que esta cesión terá un uso adecuado de difusión da cultura tradicional, da historia e do valioso patrimonio etnográfica co que conta a nosa Comunidade Autónoma” indicou o presidente.

O proxecto

As principais obras proxectadas consisten na eliminación de elementos anejos que constitúen a terraza e as estruturas metálicas adxacentes, para deixar o edificio tal e como se entende que foi construído no seu momento. Tamén se realizarán novas instalacións de electricidade, iluminación, ventilación, fontanería, saneamento e telecomunicacións. Ademais, cambiaranse a carpintería interior e exterior e a cuberta, introducindo elementos que melloren a envolvente.

Por outra banda, procederase á adaptación do interior do edificio para os requirimentos actuais do seu novo uso docente-divulgativo como a insonorización de dependencia principal e a colocación de aseos adaptados.

Melloraranse a demais elementos relacionados co fin orixe como é a instalación dun muíño harinero e unha miniturbina para a produción de enerxía eléctrica. O investimento previsto supera os 750.000 euros e o prazo de execución estímase en 7 meses.

Multimedia

  • Paula Alvarellos supervisa xunto ao presidente da CHMS e o rector da USC a rehabilitación do Muiño de Olga, na que o Organismo autónomo investirá 750.000 euros
  • Paula Alvarellos supervisa xunto ao presidente da CHMS e o rector da USC a rehabilitación do Muiño de Olga, na que o Organismo autónomo investirá 750.000 euros

Noticias relacionadas