Os servizos municipais modifican o seu horario de atención ao público durante os días 31 de decembro e 1 de xaneiro

Luns, 31 de decembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os servizos municipais do Concello modifican o seu horario de atención ao público durante ós días 31 de decembro e 1 de xaneiro das festas de Nadal. Os cambios que se producen son os seguintes:

- Os días 31 de decembro e 1 de xaneiro permanecerán pechadas as oficinas do Concello.

Os centros sociais tamén terán un horario festivo nas seguintes datas:

- Permanecerán pechados o día 31 de decembro.

- O día 30 permanecerán pechados pola mañá e só abrirán pola tarde en horario de 16:30 a 21:00 horas.

- Os días 1 e 6 de xaneiro pechan todos os centros a excepción do Centro Social da Milagrosa que abrirá en horario de tarde para acoller os bailes de Nadal.

As ociotecas e Aulas abertas abrirán durante os días 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2008 entre as 9:00 e as 14:00 horas pola mañá, e de 16:00 a 20:30 horas pola tarde.