Os edificios municipais recuperan en setembro o seu horario habitual

Xoves, 22 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dende o luns 3 de setembro os edificios municipais comezarán a recuperar o seu horario habitual de actividade.

A Casa Consistorial, na Praza Maior, estará aberta dende as 8:00 ata as 20:00 horas de xeito ininterrumpido e de luns a venres.

As oficinas situadas na Ronda da Muralla, 197, recuperarán este horario a partir do luns 10 de setembro.

Os sábados, sen embargo, non abrirá ningún destes dous edificios, ata o día 13 de outubro, unha vez rematadas as Festas de San Froilán. A partir desa data recuperarán a súa actividade com totla normalidade de 9:30 a 13:30 horas.