O teatro volve ao Cemiterio Municipal de San Froilán

Escola Palimoco Teatro, taller entrenamento USC, interpretará diferentes fragmentos de obras clásicas e contemporáneas, baixo o título de Quen ocupa esa cadeira?

Xoves, 28 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O teatro volve ao Cemiterio Municipal de San Froilán

O Cemiterio Municipal de San Froilán acolle esta noite, a partir das 21:00 horas, unha nova actividade teatral coa interpretación de Quen ocupa esa cadeira?, a cargo da Escola Palimoco Teatro, taller entrenamento USC, Lugo.

Tal e como explicou a Concelleira de Concello e Cidadanaía, Rosana Rielo, quen convidou á cidadanía a participar nesta iniciativa, trátase dunha actividade teatral moi interesante, na cal as persoas asistentes poderán gozar, en cada unha das cadeiras, das múltiples representacións individuais de diferentes fragmentos de obras clásicas e contemporáneas.

Esta actuación súmase ás diferentes actividades que os grupos teatrais emerxentes da cidade veñen de realizar no Cemiterio de San Froilán nos últimos tempos, co apoio do Concello, e que xa o configuran como un interesante espazo escénico de interpretación e expresión artística, que ademais proporciona unha excepcional harmonía, calma e silencio, elementos de indiscutible valor para unha mellor apreciación e percepción da obra.

Audio

  • Rosana Rielo, sobre o teatro no Cemiterio Municipal de San Froilán | Descargar mp3

Noticias relacionadas