O Pobo Xitano realiza unha chamada de atención á sociedade sobre a súa imaxe estereotipada nos medios de comunicación

Membros da Corporación Municipal asistiron este venres, no campo de fútbol Luis López Gorgoso, á lectura dun manifesto e á solta de globos simbólica para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano

Venres, 08 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Pobo Xitano realiza unha chamada de atención á sociedade sobre a súa imaxe estereotipada nos medios de comunicación

Membros da Corporación Municipal asistiron este venres aos diferentes actos organizados pola Fundación Secretariado Gitano de Lugo e a Asociación de Promoción e Integración Gitana de Lugo para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano no campo de fútbol Luis López Gorgoso.

Así, Antonio Cortiñas Montoya, membro da Fundación Secretariado Gitano, leu o manifesto que baixo o lema Por un trato digno ao pobo xitano nos medios de comunicación, realiza unha chamada de atención á sociedade sobre a súa imaxe estereotipada coa que se sigue presentando aos xitanos e xitanas nalgúns programas de televisión, basada en caricaturas e clichés, co conseguinte dano para a imaxe social do pobo xitano.

Tras a lectura, os asistentes fixeron unha solta de globos simbólica coas cores da bandeira xitana, coa que se deu inicio a un partido de fútbol amistoso. 

Noticias relacionadas