O goberno local esixe explicacións ó PP por non paralizar os vertidos en San Cibrao cando o denunciou o Concello

Venres, 23 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O voceiro do equipo de goberno, José Ramón Gómez Besteiro, esixiu explicacións a José Manuel Barreiro e a Alberto Núñez Feijóo por non paralizar os vertidos de terras en San Cibrao cando fora denunciado polo Concello no ano 2003. Barreiro e Feijóo eran, respectivamente, Conselleiro de Medio Ambiente e Vicepresidente da Xunta. A pesar de non facer nada, agora, desde a oposición, piden o contrario á nova Xunta de Galicia.

“Pensaron que iba a ser o caso Orozco, e vai ser o caso Barreiro. É o efecto Boomerang”, dixo Gómez Besteiro. O voceiro pediu explicacións ó Partido Popular por non actuar no ano 2003 cando o Concello de Lugo denunciou vertidos de terras en San Cibrao. “O PP non fixo N-A-D-A”, afirmou. “Espero unha contestación”, esixiu Besteiro, quen tamén recordou que as novas Consellerías de Política Territorial e Medio Ambiente sí están a facer os seus deberes, abriron os expedientes correspondentes e están a avaliar a situación.

Para o equipo de goberno “ó Partido Popular deberia de poñerse colorado con este asunto”. Besteiro só ve 3 respostas posibles do Partido Popular: “ou politicamente non lles interesaba, ou non se enteraron ou o sabían e miraron para outro lado”.