O Goberno continúa recuperando espazos públicos para o uso da cidadanía e humaniza a rúa Menorca con bancos e xardineiras

Con este obxectivo, o Concello reorganiza o mobiliario urbano da zona peonil da Ronda da Muralla e traslada 7 bancos á rúa Menorca

Para a Alcaldesa, quen visitou a zona xunto ao Concelleiro de Infraestruturas, trátase "dunha pequena gran actuación, que da resposta ás peticións dos lucenses", que é o verdadeiramente lle importa ao Goberno, ser útil á veciñanza

Esta humanización servirá ademais para evitar que esta rúa peatonil se use, como ata o de agora, como aparcadoiro indebido. Ademais, esta medida permitirá máis dinamismo e máis vida a esta zona da cidade

Luns, 13 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno continúa recuperando espazos públicos para o uso da cidadanía e humaniza a rúa Menorca con bancos e xardineiras

O Goberno de Lugo continúa recuperando espazos públicos para o uso da cidadanía. Con este obxectivo, o Concello reorganiza o mobiliario urbano da zona peonil da Ronda da Muralla e traslada 7 bancos con xardineiras desta zona á rúa Menorca. Instalaranse na zona máis próxima á Avenida da Coruña, e o mobiliario existente nesta mesma rúa recolocarase na zona que está máis pegada á Milagrosa. Así mesmo, reubicaranse os bancos na Ronda da Muralla.

Para a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen visitou este luns a zona acompañada do Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e dun técnico municipal, trátase "dunha pequena gran actuación, que da resposta ás peticións dos lucenses", que é o verdadeiramente lle importa ao Goberno, ser útil á cidadanía. Esta humanización servirá ademais, segundo a rexedora, para evitar que esta rúa peatonil se use, como ata o de agora, como aparcadoiro indebido. Non se trata de quitar zonas para aparcar, senón que as zonas estean habilitadas para ese fin, de aí o anuncio da pasada semana da proxección de 7 aparcadoiros disuasorios en todas as zonas da cidade. Ademais, esta medida permitirá máis dinamismo e máis vida a esta zona da cidade.

Con esta optimización de recursos, Lugo avanza cara a converterse nunha cidade sostible, accesible e pensada para as persoas, para o peatón; na que ter cada vez máis espazos para gozar da cidade. A meta do Goberno é facer de Lugo un municipio amable coa veciñanza, e sobre todo inclusiva.

Noticias relacionadas