O Foro de Gobernos Locais de Vitoria asume as conclusións do Cumio de Drogas de Lugo

Venres, 07 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Orozco interviu para explicar as conclusións do cumio de Alcaldes, Alcaldesas e Cidades sobre drogas ós participantes no II Foro de Gobernos Locais da Unión Europea, América Latina e o Caribe.

As conclusións do Cumio de Lugo incorporáronse á Declaración final deste Foro que precede ó Cumio de Xefes de Estado e de Goberno e forma parte da Axenda Oficial da Presidencia Española da Unión Europea.

O Alcalde de Lugo foi convidado polo rexedor de Vitoria, Patxi Lazcoz, e o Presidente da FEMP, Pedro Castro, a participar neste Foro, que se clausurou hoxe. Na súa intervención na xornada final do Foro, explicoulles ós asistentes a chamada Declaración de Lugo sobre prevención e tratamento do uso e dependencia de drogas, que pactaron na nosa cidade Alcaldes, Alcaldesas e representantes de Cidades de Europa, América Latina e o Caribe.

Parabéns polo Cumio

O Concello segue a recibir nestes días escritos de felicitación e agradecemento pola organización do Cumio, que remiten tanto autoridades e organismos participantes no encontro. É o caso dos que teñen enviado a OEA, o Caricom ou a Fundación Galega contra o Narcotráfico.

www.cumbrelugo.org

 

Multimedia