A hora de peche para os establecementos abertos ao público con este tipo de licenza minora en dúas horas, pasando das 6.00 horas ás 4.00 horas da madrugada.
“Para o noso Goberno é fundamental conciliar o ocio nocturno co lexitimo dereito ao descanso da veciñanza. O obxectivo desta decisión é corrixir as perturbacións da convivencia derivadas desta actividade”, sinalou rexedora.
O Executivo de Paula Alvarellos publicaou esta mañá un decreto a través do cal se reduce o horario das discotecas situadas en zonas residenciais da cidade. Deste xeito, o horario xeral de peche para os establecementos abertos ao público con este tipo de licenza redúcese en dúas horas, pasando o horario de peche das 6.00 horas ás 4.00 horas da madrugada.
“Para o noso Goberno é fundamental conciliar o ocio nocturno co lexitimo dereito ao descanso da veciñanza. O obxectivo desta decisión é corrixir as perturbacións derivadas desta actividade e das conductas asociadas a mesma na trama urbana, especialmente na franxa horaria comprendida entre as 4 e as 7 de mañá”, explicou a rexedora. A nova normativa só é aplicable a aqueles establecementos que se localizan en áreas residenciais ou saturadas da cidade, que noc aso de Lugo son só dous. Mentres que no resto de establecementos o regulamento actual.
Segundo sinala o documento, a decisión obedece ao numero de denuncias veciñais derivadas do funcionamento da actividade de discotecas en zonas residenciais da cidade que ademais resultan acreditadas por distinats vías, polo que, tendo enconta a potestade dos concellos para intervir na regulación dos horarios, considerase oportuno acordar esta reducción do horario de peche desta categoría de establecementos co fin de conciliar o ocio nocturno co dereito ao descanso dos residentes.

