O Executivo de Lara Méndez transforma a Praza da Liberdade cun proxecto de reforma integral que redundará na súa humanización

Otenente de alcaldesa, Miguel Fernández, mantivo un encontro cos residentes para explicarlles o alcance dostraballosque inclúen a renovación do pavimento, o céspede e o mobiliario urbano.

“Atendemos así as necesidades máis inmediatas que nos traslada a cidadanía para incrementar a habitabilidade dos barrios e a calidade de vida da veciñanza”, afirmou o concelleiro de Medio Ambiente.

Venres, 27 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Lara Méndez transforma a Praza da Liberdade cun proxecto de reforma integral que redundará na súa humanización

O Executivo de Lara Méndez transformará a Praza da Liberdade cun proxecto de reforma integral que redundará na súa humanización.

O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, mantivo un encontro coas persoas residentes na zona para explicarlles o alcance dos traballos que se están levando a cabo dende a área de Cohesión Territorial para mudar a imaxe deste espazo público en prol de incrementar a súa confortabilidade.

Todas as nosas accións teñen o mesmo obxectivo: mellorar a calidade de vida dos e das lucenses. E iso pasa tanto por deseñar o horizonte económico e transformar a cidade para que poida afrontar con recursos propios os retos de futuro que nos agardan, como tamén por traballar de forma constante nos barrios, para que gañen en habitabilidade, dispoñan cada vez de maiores dotacións e servizos e estes sexan de boa calidade e iso, ás veces, acádase con intervencións de pouca envergadura económica, como pode ser a renovación do pavimento ou do mobiliario urbano, pero que teñen un impacto directo e moi positivo na poboación”, subliñou o concelleiro.

Miguel Fernández, explicou que o Concello actuará nos 305 m2 que ten de superficie esta praza, na que se proxecta a substituciónda superficie peonil que a atravesa en tres direccións distintas ata a súa zona central, tamén incluída, por un pavimento de formigón impreso cun tramado decorativo.

Tamén renovaremos os bordos perimetrais e os delimitadores de zonas, tanto verdes como de tránsito, con pezas de formigón, e lixaremos e pintaremos os bancos, cambiando as papeleiras actuais por outras máis modernas e decorativas, en consonancia coa reforma”, apuntou.

Trátase de redeseñareste emprazamento, creando un punto de encontro e convivencia nunha parte da capital que ten escaseza delas, habilitando así enclaves para a socialización e o descanso ao aire libre, tan apreciados logo da pandemia”, sostivo Fernández.

O edil detallou que a obra abordará, igualmente, labores de xardinería e plantación co sementado de céspede na totalidade das tres zonas verdes existentes.

Instalaremos, así mesmo, unha nova acometida á toma de auga para a rega, que será programable, garantindoasí un estado hídrico aceptable durante todo o ano ao tempo que se evita o mollado das beirarrúas que rodean a praza. Tamén se acometerá a limpeza das fachadas de edificios lindeiros e medianeiras, principalmente daqueles máis deteriorados ou que teñen sido obxecto de actos vandálicos”, avanzou o tenente de alcaldesa ao tempo que tamén referiu que os traballos, que contan cun orzamento de 27.104 euros, teñen un prazo de execución aproximado de 2 meses.

Audio

Noticias relacionadas