O Concello repartirá en tres museos da cidade as botellas de Coca-Cola dedicadas ao aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial

Mércores, 28 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O vindeiro luns 3 de maio comeza o reparto das 3.000 botellas elaboradas por Coca-Cola e o Concello de Lugo con motivo do Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial por parte da UNESCO.

As persoas que visiten a Casa dos Mosaicos, o Centro de Interpretación da Muralla e o Museo Arqueolóxico de San Roque, recibirán como agasallo unha das botellas de edición limitada deste refresco.

A botella ten impresa unha imaxe da Mosqueira da Muralla e o logotipo de Lugo10, o programa que engloba todos os actos de celebración do décimo aniversario.

Coca-Cola distribuirá, ademais, aos hostaleiros e centros comerciais galegos, unha boa parte das 3.000 botellas conmemorativas do décimo aniversario do patrimonio mundial do monumento máis significativo da cidade.

www.lugo10.es

 

Multimedia